Nokia E55 - Personalizar perfís

background image

Personalizar perfís

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Perfís

.

Seleccione

Opcións

>

Personalizar

e unha das opcións

seguintes:

Ton de chamada

— Seleccione un ton de chamada na

lista ou seleccione

Descargar sons

para abrir un cartafol

de favoritos que conteña unha lista de favoritos para

descargar tons usando o navegador. Se está a usar dúas

liñas telefónicas alternas, pode especificar un ton de

chamada para cada liña.

Ton de videochamada

— Seleccionar un ton de chamada

para as videochamadas.

Dicir nome do chamante

— Se selecciona esta opción e

algún dos seus contactos o chama, o dispositivo emite un

ton de chamada que é unha combinación do nome falado

do contacto e do ton de chamada seleccionado.

Tipo de ton

— Seleccionar a alerta do ton de chamada.

Volume do ton

— Seleccionar o nivel de volume do ton

de chamada.

Ton de aviso de mensaxe

— Seleccionar un ton para as

mensaxes de texto recibidas.

Ton de aviso de correo

— Seleccionar un ton para as

mensaxes de correo electrónico recibidas.

Aviso por vibración

— Axustar o dispositivo para que

vibre ao recibir unha chamada ou unha mensaxe.

Tons do teclado

— Selecciona o nivel de volume dos tons

do teclado.

Tons de advertencia

— Permite desactivar os tons de

advertencia. Este axuste afecta aos tons de algúns xogos

e aplicacións Java™.

Alerta para

— Axustar o dispositivo para que só emita

unha melodía ao recibir chamadas dun grupo de contactos

seleccionado. As chamadas telefónicas que non pertencen

a ese grupo teñen unha alerta silenciosa.

Ton aviso chamada PPF

— Permite seleccionar un ton

de chamada para as chamadas de PPF.

Estado de PPF

— Permite axustar o estado de PPF en cada

perfil.

Nome do perfil

— Pode designar un perfil novo ou

cambiarlle o nome a un perfil existente. Non se pode

cambiar o nome dos perfís Xeral nin Fóra de liña.