
Acender o dispositivo
por primeira vez
1. Prema e manteña pulsada a tecla
Acender ata que sinta que o dispositivo
vibra.
2. Se así se require, introduza o código PIN
ou o código de bloqueo e seleccione
Aceptar
.
3. Se así se require, introduza o país no que
se atopa e a data e hora actuais. Para
atopar o país, introduza as primeiras
letras do nome do país. É importante
seleccionar o país correcto porque as
entradas de axenda fixadas poden variar
se posteriormente cambia de país e o
país novo está situado noutra zona
horaria.
4. A aplicación Configuración do teléfono ábrese. Para
configurar unha aplicación, seleccione
Iniciar
. Para saltar
as aplicacións de configuración, seleccione
Saltar
varias
veces. Para abrir máis tarde a aplicación Configuración do
teléfono, seleccione
Menú
>
Axuda
>
Config. do tf.
.
Para configurar os diferentes axustes do dispositivo, utilice
os asistentes de configuración dispoñibles na pantalla de
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
17

inicio e na aplicación Asistente de axustes. Ao acender o
dispositivo, é posible que este recoñeza o fornecedor da
tarxeta SIM e que configure algúns axustes
automaticamente. Tamén se pode poñer en contacto co
fornecedor de servizos para obter os axustes correctos.
O dispositivo pódese acender sen inserir unha tarxeta SIM. O
dispositivo acéndese no perfil de fóra de liña e non é posible
utilizar as funcións do teléfono que dependen da rede.
Para apagar o dispositivo, prema e manteña pulsada a tecla
Acender.