
Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
• Código PIN (número de identificación persoal) — Este
código protexe a súa tarxeta SIM de usos non autorizados.
O código PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese normalmente
xunto coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito
incorrecto tres veces consecutivas, o código bloquearase
e necesitará o código PUK para desbloquealo.
• Código UPIN — Este código pódese fornecer xunto coa
tarxeta USIM. A tarxeta USIM é unha versión mellorada da
tarxeta SIM e admítena os teléfonos móbiles 3G.
• Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos) fornécese
xunto con algunhas tarxetas SIM e requírese para acceder
a algunhas funcións do dispositivo.
• Código de bloqueo (tamén chamado "código de
seguridade") — O código de bloqueo axúdalle a protexer
o dispositivo contra o uso non autorizado. O código
predeterminado é 12345. Pode crear e cambiar o código
e axustar o dispositivo para solicitar o código. Garde o
código novo nun lugar secreto e seguro lonxe do
dispositivo. Se esquece o código e o dispositivo se
bloquea, requirirase asistencia técnica. É posible que se
apliquen tarifas adicionais e que se eliminen todos os
datos persoais do dispositivo. Para obter máis
información, póñase en contacto cun punto de atención
Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.
• Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e PUK2 — Estes
códigos (8 díxitos) requírense para modificar un código
PIN ou PIN2 bloqueado, respectivamente. Se os códigos
non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
23

fornecedor de servizos de rede ao que pertence a tarxeta
SIM inserida no teléfono.
• Código UPUK — Este código (8 díxitos) requírese para
modificar un código UPIN bloqueado. Se o código non se
fornece coa tarxeta USIM, póñase en contacto co
fornecedor de servizos de rede ao que pertence a tarxeta
USIM inserida no teléfono.