
Transferencia de contido
É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar contido
como números de teléfono, enderezos, elementos da axenda
e imaxes do seu dispositivo Nokia anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo
do dispositivo desde o que desexe transferir contido. Se ese
dispositivo admite a sincronización, tamén será posible
sincronizar datos entre os dispositivos. O teléfono
notificaralle se o outro dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta
SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Se se acende o
dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil Desconectado
actívase automaticamente e pódese realizar a transferencia.
Transferencia de contido por primeira vez
1. Para recuperar datos dende o outro dispositivo por
primeira vez no seu dispositivo, seleccione
Menú
>
Pan.
control
>
Cambio
.
2. Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar para
transferir os datos. Ámbolos dous dispositivos deben
admitir o tipo de conexión seleccionado.
3. Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo de
conexión, conecte os dous dispositivos. Para facer que o
teléfono busque dispositivos con conectividade
Bluetooth, seleccione
Continuar
. Seleccione o dispositivo
desde o que desexa transferir contido. O teléfono
solicitaralle que insira un código no teléfono. Insira un
código (entre 1 e 16 díxitos) e seleccione
Aceptar
. Insira
o mesmo código no outro dispositivo e seleccione
Aceptar
. Os dispositivos están agora vinculados.
É posible que algúns dispositivos de Nokia anteriores non
inclúan aínda a aplicación Cambio. Neste caso, a
aplicación Cambio enviarase ao outro dispositivo en
forma de mensaxe. Para instalar a aplicación Cambio no
outro dispositivo, abra a mensaxe e siga as instrucións da
pantalla.
4. No teléfono, seleccione o contido que desexe transferir
desde o outro dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e
continuar máis tarde.
O contido transfírese desde a memoria do outro dispositivo
á posición correspondente no teléfono. O tempo da
transferencia depende da cantidade de datos que se teñan
que transferir.