
Configurar o correo
electrónico
O dispositivo Eseries de Nokia traballa as mesmas horas que
vostede e á mesma velocidade. Manteña sincronizados o
correo electrónico, os contactos e a axenda de maneira rápida
e práctica con conexións de alta velocidade.
É posible que deba introducir a información seguinte ao
configurar o correo electrónico: nome de usuario, tipo de
correo electrónico, servidor de correo entrante, porto do
servidor de correo entrante, servidor de correo saínte, porto
do servidor de correo saínte, contrasinal ou punto de acceso.
Co asistente de configuración de Correo electrónico pode
configurar contas de correo do traballo, como Microsoft
Exchange, ou contas de correo de Internet, como os servizos
de correo de Google. O asistente de configuración admite
POP/IMAP e protocolos ActiveSync.
Se está a configurar o correo electrónico do traballo, consulte
os detalles co departamento de TI. Se está a configurar o
correo electrónico de Internet, vexa a páxina web do
fornecedor de servizos para obter máis información.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
21

Para iniciar o asistente de configuración de Correo
electrónico:
1. Desprácese ata o asistente de configuración de Correo
electrónico na pantalla de inicio.
2. Introduza o seu enderezo de correo electrónico e o
contrasinal. Se o asistente de configuración non pode
configurar automaticamente os seus axustes de correo
electrónico, seleccione o tipo de conta de correo e
introduza os axustes correspondentes.
Suxestión: Se non configurou a caixa do correo, prema
a tecla de correo electrónico para iniciar o asistente de
configuración de Correo electrónico.
Se o dispositivo contén clientes de correo electrónico
adicionais, estes amósanse ao iniciar o asistente de
configuración de Correo electrónico.