
Nokia PC Suite
Nokia PC Suite é un conxunto de aplicacións que vostede pode
instalar nun PC compatible. Nokia PC Suite agrupa todas as
aplicacións dispoñibles nunha ventá de entrada desde a que
pode activar as aplicacións. Nokia PC Suite pode estar incluído
nunha tarxeta de memoria se esta se proporcionou co
dispositivo.
Con Nokia PC Suite pode sincronizar os contactos, a axenda,
as notas de tarefas e doutros tipos entre o seu teléfono e unha
aplicación de PC compatible como Microsoft Outlook ou Lotus
Notes. Tamén pode utilizar Nokia PC Suite para transferir os
favoritos entre o seu dispositivo e navegadores compatibles
e transferir imaxes e videoclips entre o dispositivo e PC
compatibles.
Nota: Preste atención aos axustes de sincronización.
O borrado de datos como parte normal do proceso de
sincronización está determinado polos axustes
seleccionados.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
22

Para utilizar Nokia PC Suite requírese un PC con Microsoft
Windows XP (SP2) ou Windows Vista que sexa compatible cun
cable de datos USB ou coa conectividade Bluetooth.
Nokia PC Suite non funciona con Macintosh.
Para obter máis información sobre Nokia PC Suite, consulte
as súas funcións de axuda ou o sitio web de Nokia.
Para instalar Nokia PC Suite:
1. Asegúrese de que a tarxeta de memoria está inserida no
dispositivo Nokia E55 .
2. Conecte o cable USB. O PC recoñece o novo dispositivo e
instala os controladores necesarios. Esta operación pode
levar varios minutos.
3. Seleccione
Almacenaxe masiva
como o modo de
conexión USB no seu dispositivo. O seu dispositivo
aparece no explorador de ficheiros de Windows como un
disco extraíble.
4. Abra a raíz do controlador da tarxeta de memoria co
explorador de ficheiros de Windows e seleccione a
instalación de PC Suite.
5. Empeza a instalación. Siga as instrucións que aparecen na
pantalla.
Suxestión: Para actualizar Nokia PC Suite, ou se ten
problemas ao instalar Nokia PC Suite desde a tarxeta
de memoria, copie o ficheiro de instalación no PC e
inicie a instalación desde o PC.