
Cargar a batería
A batería vén medio cargada de fábrica. Se o dispositivo
indica unha carga baixa, faga o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma de parede.
2. Conecte o enchufe do cargador ao porto USB do
dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique que a batería está
completamente cargada, desconecte primeiro o cargador
do dispositivo e logo da toma de parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de
tempo determinado e é posible utilizar o dispositivo cando
está cargando. Se a batería está completamente descargada,
é posible que teña que esperar varios minutos para poder
efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de
carga na pantalla.
Cargar co cable de datos USB
A carga co cable de datos USB é máis lenta que co cargador.
É posible que a carga co cable de datos USB non funcione se
utiliza un hub USB. Os hubs USB poden ser incompatibles para
cargar un dispositivo USB.
A carga mediante o cable de datos USB pode tardar moito
tempo se a batería se atopa completamente descargada.
Cando o cable de datos USB está conectado, pódense
transferir datos ao mesmo tempo que se carga.
1. Conecte unha unidade USB compatible ao dispositivo
utilizando un cable de datos USB.
Dependendo do tipo de unidade utilizada para cargar
pode que tarde un momento antes de comezar.
2. Se o dispositivo está conectado, seleccione un dos modos
USB dispoñibles.