Inserir a tarxeta de memoria
Utilice unha tarxeta de memoria para gardar a memoria no
dispositivo. Na tarxeta de memoria tamén pode gardar unha
copia de seguridade da información do dispositivo.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
13
Utilice unicamente o tarxetas microSD e microSDHC
compatible autorizado por Nokia para utilizar co dispositivo.
Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as
tarxetas de memoria, pero pode que algunhas marcas non
sexan totalmente compatibles con este dispositivo. As
tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e
no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Manteña todas as tarxetas de memoria fóra do
alcance de nenos pequenos.
Comprobe a compatibilidade da tarxeta de
memoria co fabricante ou fornecedor.
O paquete de venda pode incluír unha tarxeta de
memoria compatible. Pode que xa haxa unha tarxeta
de memoria no dispositivo. No caso contrario, faga o
seguinte:
1. Para evitar que a batería se solte, coloque o dispositivo
de maneira que a tapa traseira apunte cara a arriba.
2. Quite a tapa traseira.
3. Insira a tarxeta de memoria na fenda polo lado da zona
de contacto. Asegúrese de que a zona de contacto apunte
cara aos conectores do dispositivo.
4. Empurre na tarxeta ata que encaixe no seu lugar.
5. Volva colocar a tapa traseira.