Realización de chamadas da
Internet
Unha vez activada a función de chamadas da Internet, poderá
facer chamadas da Internet dende tódalas aplicacións dende
as que se pode facer unha chamada de voz normal, como a
lista de contactos ou o rexistro. Por exemplo, na lista de
contactos, desprácese ata o contacto desexado e
seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Chamada de Internet
.
Para facer unha chamada da Internet na pantalla de inicio,
insira o número de teléfono ou enderezo da Internet e
seleccione
Cham. rede
.
1. Para facer unha chamada da Internet a un enderezo da
Internet que non comeza cun díxito, prema calquera tecla
numérica co dispositivo na pantalla de inicio e, a
continuación, prema # durante uns segundos para borrar
a pantalla e cambiar do modo numérico ao modo de letra.
2. Insira o enderezo da Internet e, a continuación, prema a
tecla de chamada.