Verbo das chamadas da Internet
Co servizo de chamadas da Internet (servizo de rede), pode
facer e recibir chamadas a través da Internet. As chamadas
da Internet poden establecerse entre ordenadores, entre
teléfonos móbiles e entre un dispositivo VoIP e un teléfono
tradicional.
Para poder usar o servizo, debe subscribirse ó servizo e ter
unha conta de usuario.
Para facer ou recibir unha chamada da Internet, cómpre
atoparse na zona de servizo dunha rede LAN sen fíos e
conectado a un servizo de chamadas da Internet.