
Comandos de voz
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Teléfono
>
Ordes
voz
.
Utilice os comandos de voz para facer chamadas telefónicas
e iniciar aplicacións, perfís ou outras funcións no dispositivo.
Para iniciar o recoñecemento de voz, manteña premida a
tecla de poñer en silencio.
O dispositivo crea unha etiqueta de voz para as entradas nos
Contactos e para as funcións asignadas na aplicación
Comandos de voz. Cando se pronuncia un comando de voz, o
dispositivo compara as palabras pronunciadas coas etiquetas
de voz gardadas no dispositivo. Os comandos de voz non
dependen da voz da persoa que fala; non obstante, o
recoñecemento de voz no dispositivo adáptase á voz do
usuario principal para recoñecer mellor os comandos de voz.