Facer unha chamada
Unha etiqueta de voz para o contacto é o nome ou o alcume
gardado para o contacto na lista de contactos.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar
difícil en contornos con ruído ou durante unha emerxencia,
polo tanto, non debe confiar unicamente na marcaxe por voz
en todas as circunstancias.
Para escoitar unha etiqueta de voz, seleccione un contacto e
Opcións
>
Detalles da gravación
>
Reproducir
gravación
.
1. Para chamar utilizando unha orde por voz, prema e
manteña pulsada a tecla Silenciar.
2. Cando oia o ton ou vexa o indicador visual, pronuncie
claramente o nome do contacto gardado.
3. O dispositivo reproduce unha etiqueta de voz con
sintetizador para o contacto recoñecido no idioma
seleccionado do dispositivo e amosa o nome. Despois dun
tempo límite de 1,5 segundos, o dispositivo marca o
número. Se o contacto recoñecido non foi o correcto,
seleccione outro contacto entre os resultados propostos
ou seleccione
Abandonar
para cancelar a marcación.
Se o contacto gardado ten varios números, seleccione o
contacto e o número requirido.