Nokia E55 - Aceptar unha invitación

background image

Aceptar unha invitación

Cando alguén lle envía unha invitación para compartir vídeo,

a mensaxe de invitación amosa o nome do remitente ou o

enderezo SIP. Se o dispositivo non está axustado no modo de

silencio, soará cando reciba unha invitación.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non se

atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS, non saberá

que recibiu unha invitación.
Cando reciba unha invitación, seleccione unha das opcións

seguintes:

Si

— Aceptar a invitación e activar a sesión para compartir.

Non

— Rexeitar a invitación. O remitente recibe unha

mensaxe de que rexeitou a invitación. Tamén pode premer

a tecla fin para rexeitar a invitación e finalizar a chamada

de voz.

Para poñer en silencio o vídeo no dispositivo, seleccione

Opcións

>

Silenciar

.

Para reproducir o vídeo co volume orixinal, seleccione

Opcións

>

Volume orixinal

. Isto non afecta á reprodución

de vídeo da outra parte da chamada.
Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione

Deter

. Para finalizar a chamada de voz, prema a tecla fin.

Cando remate unha chamada, tamén rematará a función de

compartir vídeo.