Axustes de compartir vídeo
Para configurar os axustes de compartir vídeo, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Compartir
vídeo
.
Para configurar a función de compartir vídeo, necesita os
axustes da conexión de persoa con persoa e de UMTS.
Axustes de conexión de persoa con persoa
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome
de conexión de protocolo de iniciación de sesión (SIP).
Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no dispositivo para
poder utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil SIP e gárdeos no
seu dispositivo. O seu fornecedor de servizos pode enviarlle
os axustes ou proporcionarlle unha lista dos parámetros
necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a un contacto:
1. Seleccione
Menú
>
Contactos
.
2. Seleccione o contacto ou cree un contacto novo.
3. Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4. Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir
vídeo
.
5. Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar un
enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar
o número de teléfono do destinatario, incluído o código
de país, para compartir vídeo (se o fornecedor de servizos
de rede o admite).
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
60
Axustes de conexión UMTS
Para configurar a súa conexión UMTS:
• Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para
establecer un acordo para que utilice a rede UMTS.
• Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de
acceso UMTS do dispositivo están configurados
correctamente. Para obter máis información sobre os
axustes póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.