
Requisitos de compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha
conexión 3G. Para obter máis información sobre o servizo, a
dispoñibilidade da rede 3G e as tarifas asociadas co uso deste
servizo, póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre facer o
seguinte:
• Asegúrese de que o dispositivo estea configurado para
establecer conexións persoa con persoa.
• Asegúrese de dispoñer dunha conexión 3G activa e de que
se atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G. Se se
despraza fóra da zona de cobertura da rede 3G durante
unha sesión de compartir vídeo, o uso compartido
finalizará mentres continúa a súa chamada de voz.
• Asegúrese de que tanto o remitente como o destinatario
se atopan rexistrados na rede 3G. Se convida a alguén a
unha sesión para compartir contidos e o dispositivo do
destinatario non se atopa dentro da zona de cobertura de
rede 3G, non dispón da función para compartir vídeo
instalada ou non configurou as conexións persoa con
persoa, o destinatario non recibirá as invitacións. Nese
caso, recibirá unha mensaxe de erro que lle indicará que
o destinatario non pode aceptar a invitación.