
Enviar tons DTMF
Durante unha chamada, pode enviar tons de multifrecuencia
bitonal (DTMF) para controlar a caixa de correo de voz ou
outros servizos automatizados.
Enviar unha secuencia tonal DTMF
1. Faga unha chamada e agarde ata que o destinatario
responda.
2. Seleccione
Opcións
>
Enviar DTMF
.
3. Introduza a secuencia tonal DTMF ou seleccione unha
secuencia predefinida.
Anexe a secuencia tonal DTMF a unha tarxeta de
contacto
1. Seleccione
Menú
>
Contactos
. Seleccione un contacto e
Opcións
>
Editar
>
Opcións
>
Engadir detalle
>
DTMF
.
2. Introduza a secuencia tonal. Para inserir unha pausa duns
2 segundos antes ou entre os tons DTMF, introduza un p.
Para que o dispositivo envíe os tons DTMF só cando
vostede seleccione
Enviar DTMF
durante unha chamada,
introduza w. Para introducir p e w co teclado, prema *
repetidamente.
3. Seleccione
Feito
.