
Funcións de voz
Funcións de voz
Coa aplicación Funcións de voz pode utilizar a voz para
executar tarefas básicas. Pode chamar ou enviar mensaxes
de audio a contactos, responder a chamadas e escoitar as
súas mensaxes. Antes de efectuar estas tarefas ten que gravar
un comando persoal para "espertar" a aplicación. Cando
Funcións de voz está activado, o dispositivo está á espera de
que diga o comando para espertar. Cando se dá o comando
para espertar realízanse as tarefas.