Canles
Unha canle de PPF consta dun grupo de persoas (por exemplo,
amigos ou un equipo de traballo) que se uniron á canle
despois de seren invitados. Cando se chama a unha canle,
tódolos membros unidos á mesma reciben a chamada ao
mesmo tempo.
É posible unirse a canles preconfiguradas. As canles públicas
están abertas a calquera que coñeza o URL da canle.
Cando se conecta a unha canle e fala, tódolos membros
unidos á canle escoitan a súa conversa. Poden estar activos
ata cinco canles ao mesmo tempo.
Seleccione
Opcións
>
Contactos de PPF
>
Grupos de
rede/canais
.
Para conectarse a un grupo ou canle de rede público
preconfigurado por primeira vez, primeiro cómpre crear o
grupo ou a canle. Seleccione
Opcións
>
Engadir existente
e insira a información requirida. Unha vez creada a ligazón
ao grupo, pode intentar unirse ao grupo.