Falar cunha canle ou grupo
Para falar cunha canle despois de iniciar sesión no servizo de
PPF, prema a tecla PPF. Soará un ton que lle indicará que se
concedeu o acceso. Siga a premer a tecla PPF todo o tempo
que estea a falar. Cando remate de falar, solte a tecla.
Se trata de responder a unha canle premendo a tecla PPF
mentres está a falar outro membro, visualizarase a mensaxe
Agarde
. Solte a tecla PPF, espere a que outra persoa termine
de falar e prema a tecla PPF de novo. Tamén pode manter
premida a tecla PPF e esperar a que se visualice a mensaxe
Fale
.
Nas conversas nas canles, a primeira persoa que prema a tecla
PPF despois de que alguén remate de falar será a seguinte en
falar.
Para ver os membros activos actualmente dunha canle
durante unha chamada activa na canle, seleccione
Opcións
>
Membros activos
.
Cando finalice a chamada PPF, seleccione
Desconect.
.
Para invitar a membros novos a unha chamada activa,
seleccione a canle cando se atope conectado a esta.
Seleccione
Opcións
>
Enviar convite
para abrir a vista de
invitacións. Só poderá invitar a membros novos se é vostede
o anfitrión dunha canle privada ou se a canle é pública. As
invitacións da canle son mensaxes de texto.
Tamén pode anunciar a súa canle para que os demais
usuarios poidan coñecela e unirse a ela. Seleccione
Opcións
>
Enviar convite
e insira a información requirida.