Grupos de rede
Os grupos de rede constan de listas de membros
preconfiguradas que se almacenan no servidor. Pode definir
participantes engadíndoos á lista de membros. Cando desexe
falar cun grupo de rede, pode seleccionar o grupo e facerlle
unha chamada. O servidor chama a tódolos participantes do
grupo e a chamada está lista cando responde o primeiro
participante.
Para realizar unha chamada, seleccione
Opcións
>
Contactos de PPF
>
Grupos de rede/canais
, abra a ficha
de grupos de PPF, seleccione un grupo e prema a tecla PPF.