
Verbo de prema para falar
Premer para falar (PTT) (servizo de rede) é un servizo de voz
sobre IP en tempo real que utiliza a rede de telefonía móbil.
PTT permite a comunicación de voz directa con só pulsar unha
tecla. Utilice PTT para conversar cunha persoa ou cun grupo
de persoas.
Antes de utilizalo debe definir os axustes de PTT (punto de
acceso, PTT, SIP, XDM e Presence). É posible recibir os axustes
nunha mensaxe de texto especial do fornecedor de servizos
que ofrece PTT. Tamén pode utilizar a aplicación Asistente de
axustes para configurar PTT, se é admitido polo fornecedor
de servizos. Para obter máis información sobre a aplicación
PTT, vexa a Guía do usuario do dispositivo ou a páxina web
local de Nokia.
Na comunicación de PPF, unha persoa fala mentres as outras
escoitan a través dun altofalante incorporado.
Os interlocutores teñen quendas de resposta. Debido a que
só pode falar un membro do grupo cada vez, a duración
máxima dunha quenda de palabra está limitada. A duración
máxima establécese normalmente en 30 segundos. Para
obter máis información acerca da duración da quenda de
palabra da súa rede, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
68

As chamadas telefónicas sempre teñen prioridade sobre as
actividades relacionadas coa función prema para falar.