
Acerca das videochamadas
Para poder facer unha videochamada, cómpre estar nunha
zona de cobertura dunha rede UMTS. Contacte co seu
fornecedor de servizos para obter máis información acerca
de dispoñibilidade e subscrición a servizos de videochamada.
Mentres fala, pode ver un vídeo en tempo real e bidireccional
entre vostede e o receptor da chamada, sempre que o
destinatario teña un dispositivo compatible. A imaxe de
vídeo gravada pola cámara do seu dispositivo é vista polo
destinatario da videochamada. As videochamadas só se
poden facer entre dúas partes.