
Realizar unha videochamada
Para facer unha videochamada, introduza o número de
teléfono ou seleccione o destinatario en contactos e
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
. Cando comece a
videochamada, a cámara do dispositivo actívase. Se a cámara
xa se está a usar, o envío de vídeo queda desactivado. Se o
destinatario da chamada non quere que vostede vexa o seu
vídeo, en vez do vídeo amosarase unha imaxe fixa. Para
definir a imaxe fixa (que substitúe ao vídeo) enviada dende
o seu dispositivo, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Teléfono
>
Chamadas
>
Imaxe en
videochamada
.
Para desactivar o envío de son, vídeo, ou son e vídeo,
seleccione
Opcións
>
Desactivar
>
Envío de audio
,
Envío
de vídeo
, ou
Envío de audio e vídeo
.
Para axustar o volume durante unha videochamada, use as
teclas de volume.
Para usar o altofalante, seleccione
Opcións
>
Activar o
altofalante
. Para silenciar o altofalante e usar o auricular,
seleccione
Opcións
>
Activar teléfono
.
Para trocar os lugares das imaxes, seleccione
Opcións
>
Cambiar as imaxes
.
Para cambiar o tamaño da imaxe en pantalla, seleccione
Opcións
>
Zoom
e desprácese arriba e abaixo.
Para rematar unha videochamada e facer unha chamada de
voz ao mesmo destinatario, seleccione
Opcións
>
Cambiar
a chamada voz
.