
Para cifrar a memoria do dispositivo, seleccione
Memoria do
teléfono
.
Para cifrar a tarxeta de memoria, seleccione
Tarxeta de
memoria
e escolla entre as seguintes opcións:
•
Cifrar sen gardar clave
— Para cifrar a tarxeta de
memoria sen gardar a clave de cifrado. Se selecciona esta
opción non poderá usar a tarxeta de memoria noutros
dispositivos, e se restaura os axustes de fábrica non
poderá descifrar a tarxeta de memoria.
•
Cifrar e gardar clave
— Para cifrar a tarxeta de memoria
e gardar a clave manualmente no cartafol
predeterminado. Por seguridade, garde a clave nun lugar
seguro fóra do dispositivo. Por exemplo, pode enviar a
clave ao seu ordenador. Introduza unha frase de
autorización para a clave e un nome para o ficheiro de
clave. A frase de autorización debe ser longa e complexa.
•
Cifr. con clave restaurada
— Para cifrar a tarxeta de
memoria cunha clave recibida. Seleccione o ficheiro de
clave e introduza a frase de autorización.
Descifrar a memoria do
dispositivo ou a tarxeta de
memoria
Non se esqueza de descifrar a memoria do dispositivo e/ou a
tarxeta de memoria antes de actualizar o software de
dispositivo.
Para descifrar a memoria do dispositivo, seleccione
Memoria
do teléfono
.
Para descifrar a tarxeta de memoria sen destruír a clave de
cifrado, seleccione
Tarxeta de memoria
>
Descifrado
.
Para descifrar a tarxeta de memoria e destruír a clave de
cifrado, seleccione
Tarxeta de memoria
>
Descifrar e
apagar cifr.
.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
136