
Configuración remota
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Teléfono
>
Xestor
disp.
.
Co Xestor de dispositivos pode xestionar a distancia axustes,
datos e software do dispositivo.
Pode conectar cun servidor e recibir axustes de configuración
para o dispositivo. Pode recibir perfís de servidores e
diferentes axustes de configuración dos fornecedores de
servizos ou do departamento de xestión de información
corporativa. Os axustes de configuración poden incluír a
conexión e outros axustes utilizados polas diferentes
aplicacións do dispositivo. As opcións dispoñibles poden
variar.
O servidor adoita iniciar a conexión de configuración remota
cando cómpre actualizar os axustes do dispositivo.
Para crear un perfil novo de servidor, seleccione
Opcións
>
Perfís servidor
>
Opcións
>
Novo perfil de servidor
.
O seu fornecedor de servizos tamén lle pode enviar estes
axustes nunha mensaxe de configuración. En caso contrario,
defina os parámetros seguintes:
•
Nome do servidor
— Introducir un nome para o servidor
de configuración.
•
ID de servidor
— Introducir o ID exclusivo para identificar
o servidor de configuración.
•
Contrasinal de servidor
— Introducir un contrasinal para
identificar o dispositivo ante un servidor.
•
Modo de sesión
— Seleccionar o tipo de conexión
preferido.
•
Punto de acceso
— Seleccionar o punto de acceso que
quere utilizar para a conexión ou crear un punto de acceso
novo. Tamén pode seleccionar que teña que dar un punto
de acceso cada vez que inicie unha conexión. Este axuste
só está dispoñible se seleccionou
Internet
como tipo de
canal.
•
Enderezo de host
— Introducir o enderezo web do
servidor de configuración.
•
Porto
— Introducir o número de porto do servidor.
•
Nome de usuario
e
Contrasinal
— Introducir o ID de
usuario e o contrasinal do servidor de configuración.
•
Permitir configuración
— Seleccione
Si
para que o
servidor inicie a sesión de configuración.
•
Aceptar autom. todas
— Seleccione
Si
se non quere que
o servidor lle pida a confirmación cando inicie a sesión de
configuración.
•
Autentificación de rede
— Seleccionar se desexa utilizar
a autenticación http.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
139

•
Nome de usuario de rede
e
Contrasinal de
rede
— Introducir o ID de usuario e o contrasinal para a
autenticación http. Este axuste só está dispoñible se
seleccionou utilizar
Autentificación de rede
.
Para conectar co servidor e recibir axustes de configuración
para o dispositivo, seleccione
Opcións
>
Iniciar
configuración
.
Para ver o rexistro de configuración do perfil seleccionado,
seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Para actualizar o software do dispositivo polo aire (OTA),
seleccione
Opcións
>
Verificar actualizacións
. A
actualización non borra os axustes. Siga as instrucións da
pantalla ao recibir o paquete de actualización no dispositivo.
O dispositivo reiníciase cando finaliza a instalación. A
descarga de actualizacións de software pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede). Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de
carga suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.