Nokia E55 - Licenzas de utilización

background image

Licenzas de utilización

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais

(DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define os

seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante

OMA DRM, para facer unha copia de seguridade da licenza e

do contido, utilice a función de copia de seguridade de Nokia

PC Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran

a licenza que é necesario recuperar co contido para que poida

continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM

despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é

posible que necesite recuperar a licenza en caso de que se

danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante

WMDRM, a licenza e o contido perderanse se formata a

memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda a licenza

e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda

da licenza ou do contido pode limitar a súa capacidade para

utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para

obter máis información, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM

específicas, e que só poida acceder ao contido protexido se a

tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.
Para ver as súas licenzas por tipo, seleccione

Licenzas

válidas

,

Licen. non válid.

ou

Non en uso

.

Para ver os detalles da licenza, seleccione

Opcións

>

Detalles da licenza

.

Para cada ficheiro multimedia amósase a seguinte

información:

Estado

— O estado é

Licenza válida

,

Licenza

caducada

, ou

Licenza non válida aínda

.

Envío de contido

Permitido

indica que pode enviar o

ficheiro a outro dispositivo.

Contido do teléfono

Si

indica que o ficheiro está no

dispositivo e a ruta do ficheiro aparece en pantalla.

Non

indica que o ficheiro non se atopa actualmente no

dispositivo.

Para activar unha licenza, na vista principal de licenzas

seleccione

Licen. non válid.

>

Opcións

>

Obter licenza

.

Estableza unha conexión de rede cando llo soliciten; será

dirixido a un sitio web onde pode mercar dereitos sobre

contido multimedia.
Para eliminar dereitos de ficheiros, diríxase ao ficheiro

desexado e seleccione

Opcións

>

Borrar

. Se hai varios

dereitos ligados ao mesmo ficheiro multimedia, todos serán

eliminados.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

143

background image

A vista da licenza de grupo amosa todos os ficheiros ligados

a un dereito de grupo. Se descargou varios ficheiros cos

mesmos dereitos, aparecerán todos nesta vista. Pode abrir a

vista de grupo dende a ficha de licenzas válidas ou a de

licenzas inválidas. Para acceder a estes ficheiros, abra o

cartafol de dereitos de grupo.