
VPN móbil
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
VPN
.
A rede VPN (rede privada virtual de Nokia Mobile) crea
conexións seguras cunha Intranet corporativa compatible e
servizos como o correo electrónico. O seu dispositivo
conectase dende unha rede móbil, a través da Internet, a
unha pasarela VPN corporativa que actúa como porta
principal á rede corporativa compatible. O cliente VPN usa a
tecnoloxía IP Security (IPSec). IPSec é un marco de traballo de
estándares abertos para admitir o troco seguro de datos en
redes IP.
As políticas VPN definen o método usado polo cliente VPN e
a pasarela VPN para autenticarse uns aos outros, e tamén os
algoritmos de cifrado que se usan para axudar a protexer a
confidencialidade dos datos. Para obter unha política VPN,
póñase en contacto co departamento de TI da empresa.
Para instalar e configurar o cliente VPN, os certificados e as
políticas, póñase en contacto co administrador de TI da súa
organización.