Nokia E55 - Usar unha conexión VPN nunha aplicación

background image

Usar unha conexión VPN nunha

aplicación

Quizais teña que probar a súa identidade cando inicie sesión

na rede da empresa. Póñase en contacto co departamento de

TI da súa empresa para as credenciais.
Para usar unha conexión VPN nunha aplicación, a aplicación

debe estar asociada cun punto de acceso VPN.

Suxestión: Pode configurar os axustes de conexión da

aplicación en

Preguntar sempre

, neste caso,

seleccione o punto de acceso VPN nunha lista de

conexións ao establecer unha conexión.

1. Na aplicación na que desexe crear unha conexión VPN,

seleccione un punto de acceso VPN como punto de acceso.

2. Se está a usar á autenticación herdada, introduza o seu

nome de usuario de VPN e o seu contrasinal. Se a chave

electrónica de SecurID quedou fóra da sincronización co

reloxo de ACE/Server, introduza o seguinte contrasinal. Se

está a usar unha autenticación baseada en certificado,

pode que teña que introducir o contrasinal de almacenaxe

de claves.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

145