Xestor de certificados
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Os certificados dixitais serven para verificar a orixe do
software, mais non garanten a seguridade. Existen catro
tipos distintos de certificados: certificados de autoridade,
certificados persoais, certificados de sitio seguro e
certificados de dispositivo. Durante unha conexión segura,
un servidor pode enviar un certificado de servidor ao seu
dispositivo. Despois de recibilo, é comprobado por un
certificado de autoridade almacenado no seu dispositivo. Se
a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do
certificado de seguridade correcto no seu dispositivo, recibirá
unha notificación.
Pode descargar os certificados dende unha páxina web ou
recibilos coma mensaxe. Os certificados deben empregarse
cando se conecta a un banco en liña ou a un servidor remoto
para transferir información confidencial. Tamén deben
empregarse para reducir o risco de ser infectado por virus ou
demais software malicioso e asegurarse da autenticidade
dun software cando o descargue e instale.
Suxestión: Se engade un novo certificado, comprobe
a súa autenticidade.